A Xunta analiza co sector a situación do marisqueo tras os temporais e avanza na campaña extraordinaria de análises dos bancos

10 Marzo 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo hoxe unha reunión con representantes da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e coas federacións provinciais para analizar a situación do marisqueo tras os temporais rexistrados nos últimos meses. No encontro tamén se abordou o grao de execución da campaña extraordinaria de análises do estado do recurso nos bancos marisqueiros das rías galegas, da que xa se realizaron máis do 90 % das mostraxes programadas.

Na reunión participou tamén a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez. Durante o encontro, a responsable autonómica explicou que os traballos xa finalizaron nas rías de Vigo, Pontevedra, Muros-Noia, Corcubión, A Coruña e Ferrol, así como na Costa da Morte.

No caso da ría de Arousa —onde se concentrou o maior número de mostraxes— o grao de execución sitúase arredor do 82 %. A previsión é completar as últimas análises nos vindeiros días, sempre que as condicións das mareas o permitan.

Villaverde destacou a capacidade de traballo e a profesionalidade dos biólogos de zona da Consellería do Mar e das asistencias técnicas das confrarías que participan na realización destas mostraxes. Segundo indicou, este labor conxunto está a permitir recompilar os datos necesarios para elaborar unha avaliación científica completa da situación de cada zona produtiva.

A información recollida xa está a ser analizada polos equipos técnicos, que continúan recibindo e procesando datos sobre o estado dos bancos remitidos polas asistencias técnicas das confrarías. Os primeiros resultados desta avaliación poderían coñecerse nos vindeiros días.

A reunión serviu tamén para recoller as impresións e a información achegada polas propias confrarías sobre a evolución dos bancos marisqueiros e a situación dos profesionais do sector. Neste contexto, a Xunta reiterou o seu compromiso de continuar traballando da man do sector no deseño de medidas que permitan apoiar aos profesionais e garantir a sustentabilidade do marisqueo galego mentres se recuperan os recursos.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.