O Concello de Ribeira adxudica a implantación da súa plataforma turística intelixente

09 Marzo 2026

O Concello de Ribeira adxudicou este luns 9 de marzo a súa plataforma turística intelixente, unha iniciativa encadrada no Plan municipal de Sustentabilidade Turística en Destino. A finalidade é a creación de ferramentas dixitais que melloren a información dos recursos turísticos, faciliten a planificación da viaxe, melloren a experiencia e xeren valor engadido ao destino, explicou o Concello, engadindo que grazas a esta plataforma “os turistas e a cidadanía desfrutarán de información de interese dunha maneira innovadora mediante servizos personalizados e experiencias inmersiva”.

Senda Río Artes – Ribeira

As necesidades que se pretenden cubrir son: contar cunha plataforma amena e didáctica; favorecer e incentivar as visitas aos recursos, facilitando a súa interpretación didáctica e mellorando a difusión e coñecemento a través de contidos innovadores e gamificados; desestacionalizar, deslocalizar e diversificar a demanda turística para reforzar a sustentabilidade do destino; incrementar a estancia media do turista e a competitividade do destino; e facilitar a mellora continua dos procesos incluídos na cadea de valor turística mediante o uso da tecnoloxía.

O proxecto supón o deseño e subministro de software e licencias necesarias, así como a súa configuración para o correcto funcionamento de tódolos elementos da solución; a dixitalización dos recursos turísticos, incluíndo a súa documentación, a realización de material gráfico e audiovisual para a súa integración e carga na plataforma; a recompilación e integración na plataforma de información xa existente de outros recursos turísticos e hostaleiros, así como outra información de interese para a estancia do turista; a integración entre tódolos compoñentes e carga dos contidos; a xeración e entrega da documentación; formación; e soporte.

O orzamento de licitación situouse nos 200.000 euros, IVE incluído, se ben a empresa Techfriendly, S.L. resultou adxudicataria por contar coa mellor oferta das seis que concorreron ao proceso. O prezo final do servizo é de 181.500 euros, con impostos, e o prazo de execución será de dous meses dende a formalización do contrato. Ademais, o período de soporte será de 12 meses, cunha ampliación de 25 meses. Este servizo atópase financiado na súa totalidade con fondos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.