O Concello de Ribeira homenaxea a unha trintena de deportistas polo Día Internacional da Muller

06 Marzo 2026

O Concello de Ribeira adiantou a este venres 6 de marzo a celebración do acto institucional polo Día Internacional da Muller que, neste 2026, pon o foco ás ribeirenses que destacan no ámbito deportivo. Un total de 32 mulleres foron homenaxeadas polo seu traballo e traxectoria no mundo do deporte, das que houbo presenza en múltiples disciplinas: kempo/kárate, remo, fútbol, pádel, atletismo, patinaxe, vela, natación, pilates, baloncesto, wellness, surf, taekwondo e monitoras da Fieteira. Susú Cores Ces, Clara Millares Sieira, Elena Rey Martínez ou María Vilas Vidal foron algunhas das distinguidas pola súa traxectoria.

No acto tomaron a palabra a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, ademais de contar como convidada a toda unha referente no atletismo: Ana Peleteiro.

“Hoxe tivemos a oportunidade de visibilizar a unha representación local das mulleres no deporte con traxectorias e experiencias que nos falan de esforzo, de constancia e de superación. Algunhas facédelo de forma individual, pero outras tendes o orgullo de representar a vosa equipo”, en palabras da rexedora.

Tamén se referiu ao compromiso do Concello de Ribeira coa igualdade, pois “seguiremos apoiando iniciativas que promovan a igualdade e que contribúan a visibilizar o papel das mulleres en todos os ámbitos da vida social. Porque avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria tamén significa recoñecer e poñer en valor ás persoas que, co seu exemplo, axudan a abrir camiños”.

Doutra banda, a edil manifestou que “o acto que hoxe nos reúne aquí ten un obxectivo moi claro: poñer en valor ás mulleres no deporte e
recoñecer publicamente o seu esforzo, a súa dedicación e a súa traxectoria. Durante moitos anos, o deporte foi un espazo no que as mulleres tiveron menos visibilidade, menos oportunidades e moitas máis dificultades para chegar aos mesmos lugares que os homes. Tiveron que demostrar máis, esforzarse máis e loitar máis para que o seu traballo fose recoñecido. Afortunadamente, hoxe sabemos que as cousas están cambiando”.

As homenaxeadas recibiron cadanseu diploma e obsequio para deixar para a lembranza tan simbólico día, o cal contou co acompañamento musical de Esperanza Mara.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.