“Territorio Regueifa” recala este venres 6 no Centro Social de Abanqueiro

05 Marzo 2026

O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) vai acoller este venres 6 de marzo un novo espectáculo de primeira liña: Territorio Regueifa, unha actuación teatral dirixida por José L. Prieto e que contará coa presenza dos reguefeiros Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Manolo Maseda para público adulto. A cita será ás 21.00 horas e a venta de entradas estará dispoñíbel dende unha hora antes do inicio da función (3,5 euros).

Territorio Regueifa é un espectáculo de teatro, humor, música e improvisación, no que dous regueifeiros e unha regueifeira introdúcennos na arte da regueifa, as súas orixes , a súa evolución, e a súa vixencia na actualidade.

O espectáculo combina a parte didáctica coa recreación de distintas escenas teatrais, como a primeira regueifa da historia, a incorporación da muller no mundo da improvisación rimada, ou como sería un telexornal da galega feito en verso, e tamén o público participará de forma activa recibindo unha clase de iniciación á improvisación oral cantada, que rematará cunha gran festa musical final.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.