Axóuxere dá a coñecer quen ocupará este 2019 a súa Residencia de Escritoras/es

15 Xullo 2019

20190715 Axóuxere, o proxecto editorial rianxeiro, vén de dar a coñecer os nomes das vindeiras ocupantes da súa Residencia de Escritoras/es, o fogar-obradoiro que a editorial impulsa cada ano dende a aldea de Brión (Rianxo). Segundo fixo saber, trátase de María Ovelar, Marina García López, Henrique Yuichi Komatsu, Joelle Saliba e Raquel Ferrández. O traballo de Marina García López ten o engadido extra de poñer o foco nun ilustre creador local: Castelao.

Este ano confirmouse a gráfica ascendente da residencia dende o punto de vista cuantitativo e, tamén, cualitativo: chegaron propostas dende unha manchea de países e unha boa parte delas salientaban pola súa calidade e polo interese xerado. “Resultounos moi difícil facer unha escolma que, de maneira inevitábel, implicou deixar fóra moitos destes magníficos proxectos”, recoñeceron os membros do comité, integrado pola Deputación da Coruña, o Concello de Rianxo e a propia editorial rianxeira. Finalmente, o pasado 10 de xullo e logo dunha “longa deliberación”, elixíronse os devanditos cinco escritores: cinco talentos para medrar e abrir novos horizontes durante agosto e decembro deste ano.

· María Ovelar (Madrid), salienta por un proxecto narrativo que pretende explorar os límites da novela posmoderna e o carácter metaliterario da escrita, inserido nun contexto cultural contemporáneo entendido como gran palimpsesto. O comité valorou moi positivamente “a súa proposta na estela de Borges que procura a obra infinita, circular, de múltiples e posíbeis lecturas”.

· Marina García López (Galiza) foi elixida para participar polo interese dun proxecto de seu que estuda a influencia do traballo artístico de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Eduardo Dieste no rumbo das artes gráficas riopratenses cara á modernidade. “Especialmente interesante tamén a revalorización da pouco coñecida figura de Eduardo Dieste”, destacou o comité.

· Henrique Yuichi Komatsu(Brasil), por un proxecto de escrita poscontemporánea, na liña de autores como Lydia Davis, Donald Barthelme ou Pierre Bettencourt, que camiña nas marxes do expresábel, transitando a borda na que a linguaxe tenta falar do tecido do real, “con toda a súa imprecisión e borrosidade”, en palabras do comité.

· Joelle Saliba (Francia/Líbano), polo intento de escribir, desde a distancia e o exilio, a través de fragmentos autobiográficos, sobre o lugar perdido da súa nenez, o suburbio de Karantina, en Beirut, onde tivo lugar unha masacre durante a guerra civil de 1975. O comité enxalzou o seu “exercicio de escrita que conversa coa memoria histórica”.

· Raquel Ferrández (Galiza), polo proxecto de investigación e tradución sánscrito-galego do Spandakārikā (Estrofas da vibración) de Vasugupta (s. ix d.C.), obra clásica do shivaísmo tántrico de Caxemira. O comité salientou o baleiro que vén a encher a obra da escritora: a ausencia na nosa contorna de estudos filosóficos que dialoguen coa milenaria tradición oriental de indagación e coñecemento.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.