“Dos soutos que perdemos aos muíños de vento que nos impuxeron” – Antón Luaces

02 Marzo 2026

Desde que a coñecín, aló polos primeiros anos 50 do século pasado, sempre sentín unha especial atracción pola aldea de Landoi -daquela integrante do concello de Ortigueira, hoxe en día do de Cariño- que ollaba de fronte a ría ortegalesa e se deitaba no espiñazo do monte da Aira do Lombo na súa maior parte cuberto por castiñeiros fantasmagóricos comesta a médula destes polo mal da tinta. Salgueiros, bidueiras, pinos e toxos, moitos toxos e fieitos, eran o manto de cubrición no que un bo número de animaliños menores atopaban acubillo.

Para completar esta idílica imaxe, ducias de pegas e corvos, merlos e paporroibos e un aprendiz de río de augas cacarexantes que formaba fonte e lavadoiro en Río de Cruz e, pola noite, a presenza medoñenta da curuxa e, pola mañá cedo, a do cuco aprovetador de descoidos doutros paxaros incapaces de descubrir o engano do mestre dos disimulos.

Toda esta vexetación que cito e outra moita que silencio era aproveitada polos veciños da aldea para estrar as cortes, cortar ou arrincar o toxo para o lume na lareira ou no forno, coas chemineas sempre fumegantes e unha pedra, a carón da porta da casa, sempre disposta para afiar e asentar fouces e fouciños, lampos, machados e todo tipo de coitelos. Era a vida dura á vez que tranquila dunha aldea que arrecendía a mazás cando o carro “cantaba” sen freo, ben untado o eixo. Un canto que ocultaba a voz seca do carreteiro ao seu paso polo camiño real cabo da casa grande e o souto de Viriño. 

Son lembranzas que doen porque a estampa varía enormemente setenta anos dempois: o canto dos paxaros foi substituído polo asubío das aspas dos muíños de vento xeradores de electricidade a grande escala que coroan a cima dos montes da serra do Ortegal e o río parladoiro afogou a súa voz nas tubaxes que o conducen  ao río da Lama cara a Susavila, que foi terra de carpinteiros de ribeira de moita sona no Ortegal.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.