En maio volve o Bruón Folk Fest (no Centro Recreativo de Artes)

02 Marzo 2026

Volve un dos grandes festivais do Barbanza da música de raizame galega: o Bruón Folk Fest.

Organizado pola Asociación Cultural Os Liantes e a Asociación Cultural Albariza, co apoio do Centro Recreativo de Artes (e de entidades como o Concello de Ribeira, a Deputación da Coruña e a operadora local de telecomunicacións Toxo Telecom), chega esta primavera á súa terceira edición, e, en palabras dos seus impulsores, “volve máis vivo, con máis forsa e máis noso ca nunca”. Desenvolverase os días 8 e 9 de maio no Centro recreativo de Artes, Ribeira, e será completamente de balde. Haberá concertos, foliadas e, unha vez máis, postos de artesanía e produtos tradicionais da nosa terra.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.