Avanzan en Louro as obras para a renovación integral da rede de abastecemento de auga

02 Marzo 2026

O Concello de Muros informou neste remate de febreiro que avanzan a “moi bo ritmo” as obras para a renovación integral da rede de abastecemento de auga e o firme nun tramo do núcleo de Louro. “Trátase dunhas obras importantes para o cambio completo da rede de abastecemento coas súas respectivas acometidas, uns traballos que inclúen a substitución das vellas tubaxes de fibrocemento e a adaptación á normativa actual co obxectivo de evitar a perda de auga, mellorando a salubridade e dando máis potencia de caudal”, explicou a concelleira de Obras de Muros, Laura Rivadeneira.

A alcaldesa de Muros, María Lago, supervisou tamén o estado das obras e dixo que “queda a reposición do firme e o cambio da redutora, que vai dar estabilidade ao sistema evitando picos de presión, que son a día de hoxe a principal causa das avarías na zona”.

Estes traballos pendentes realizaranse estes primeiros días de marzo se o tempo o permite, engadiron.

A todo isto sumáronse os labores que as brigadas municipais están a desenvolver nas parroquias en materia de limpeza e mantemento de infraestruturas e redes viarias. Así, proseguiu a limpeza urbana do centro histórico de Muros, poñendo o foco na Pista, rúa Caravel, Ancha e Salero.

Realizáronse tamén labores de limpeza de rozado na rúa do Descanso e no Carme.

“Os baldeos continuarán na vindeira semana nestes espazos públicos”, explicou Laura Rivadeneira, concelleira de Obras de Muros.

A Brigada de Obras do Concello tamén proseguiu cos traballos de reparación de firme na parroquia de Louro, concretamente na estrada de Taxes a Ventín, uns labores que continuarán esta semana.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.