Ribeira aproba as subvencións para entidades culturais por importe de case 15.000 euros

28 Febreiro 2026

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribeira aprobou a concesión das subvencións correspondentes á liña de Actividade Cultural 2025 dirixida a entidades sen ánimo de lucro do municipio. O importe total das axudas concedidas ascende a preto de 15.000 euros, que se distribuirán entre distintas asociacións culturais co obxectivo de apoiar a organización de actividades ao longo do ano, incluíndo programación musical, eventos tradicionais, iniciativas audiovisuais, dinamización veciñal e propostas de carácter formativo e divulgativo.

Segundo explicou o Concello, estas subvencións teñen como finalidade “reforzar o tecido asociativo cultural de Ribeira, contribuíndo á dinamización social das parroquias e do conxunto do municipio, así como á conservación das tradicións, á promoción da cultura galega e á creación de novos espazos de participación cidadá”.

Dende o Concello, a alcaldesa, María Sampedro, destacou “o papel fundamental que desempeñan as asociacións culturais na vida asociativa, sendo un motor esencial de actividade, cohesión social e identidade local”. E engadiu: “Reafirmamos así o noso compromiso co impulso da cultura de base e co apoio ás entidades que traballan durante todo o ano para ofrecer programación diversa e de calidade á veciñanza”.

Exterior do Auditorio Municipal de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.