Ambar implícase nun obradoiro intensivo de podcasting coa Fundación Cibervoluntarios

26 Febreiro 2026

As ideas transformáronse en son na xornada intensiva de comunicación celebrada este xoves 26 de febreiro na Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, grazas á colaboración ca Fundación Cibervoluntarios. A formación permitiu ás persoas participantes adquirir as competencias necesarias para converter as súas iniciativas en contidos radiofónicos de calidade.

O obradoiro, centrado na creación e edición de podcasts, estruturouse nunha metodoloxía práctica que percorreu todas as fases de produción.

Por exemplo a planificación e a guionización. A mañá comezou coa organización de contidos, onde se traballou na estrutura dun guión sólido, elemento fundamental para calquera proxecto de comunicación en equipo. Tamén se abordaron técnicas de gravación da man do formador José, de Cibervoluntarios, grazas ao cal as persoas asistentes aprenderon as claves técnicas da gravación e a edición básica, con especial fincapé na escoita activa e a expresión oral.

Outra cuestión abordada foi a aplicación real de proxectos (os coñecementos aplicáronse de forma inmediata aos proxectos actuais dos participantes, garantindo así a transferencia directa da aprendizaxe).

“Esta xornada proporcionounos as ferramentas clave para facernos escoitar e profesionalizar a mensaxe dos nosos proxectos”, sinalaron desde a organización tras o peche da sesión.

Esta iniciativa reforza o compromiso ca alfabetización dixital e o empoderamento comunicativo, dotando ós novos creadores de recursos para destacar nunha contorna dixital cada vez máis competitiva.

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na comarca do Barbanza (A Coruña) que traballa desde 1982 para mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas con diversidade funcional.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.