“Alonso Montero” – Xulio Xiz

25 Febreiro 2026

O cualificativo de “vello profesor” asignouse a Tierno Galván no tardofranquismo e comezo da democracia, pero tamén os lucenses o utilizamos para o profesor Fraguas cando creou escola en Lugo, e desde logo con Alonso Montero, que en Lugo creou unha escola de poetas na que figuran – Barrio, Rábade, Darío, Fiz ou Valcárcel… – os mellores versificadores deste país.

Os que foron seus alumnos venerábano. Eu, que só era devoto amigo, cometía a cotio o pecado de atualo sen que iso significase deixar de recoñecer a distancia sideral que entre nós existía no coñecemento e nas querencias pola escrita e polo país.

Compartíamos o agarimo e devoción polo escritor Manolo Rodríguez, do que con Santiago Rodríguez, o fillo, fixo Antoloxía. E lembreino este sábado en Braga onde fomos coa nova exposición sobre o escritor amigo.

Era tan grande o vello profesor que foi quen de aceptar ser Fillo Adoptivo de Lugo, a pesar de que o Bloque lle puxese a proa, porque tiña tan gañada a distinción de Grande entre os lucenses, que non había máis remedio que santificalo. E quizais o seu corpo entendeu que despois de que Lugo se fixese máis grande ao recoñecerlle os méritos a prol da cidade bimilenaria, non lle quedaba nada por facer neste planeta galego que se rendeu a el hai moito tempo.

Eu non sei se bos comunistas cren no máis aló, pero os que cremos que ten que haber algo máis despois desta vida terrea, entendemos que Alonso Montero ten alí un lugar de privilexio, para seguir contaxiando de galeguismo, de cultura e bonhomía a todos os que a el se acheguen.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.