“Adamuz leva o loito desde o 18 de xaneiro. Xapón garda silencio” – Antón Luaces

25 Febreiro 2026

O domingo 18 de xaneiro pasado produciuse un gravísimo accidente ferroviario en Adamuz (Córdoba) do que España enteira non se recupera: un tren Iryo que realizaba o traxecto entre Málaga e Madrid descarrilou e invadiu a vía contigua. Faleceron, como moi ben lembrará o lector, 46 persoas.

Por que?

Os especialistas seguen a estudar o caso. 

Mentres tanto, Xapón anuncia o lanzamento do seu novo tren bala. A empresa ferroviaria East Japan Railway Company presentará proximamente o tren bala Shinkansen E10, deseñado para acadar unha velocidade máxima de 320 quilómetros por hora e conectar Tokio coa rexión noreste do país. Este tren estará completado no outono de 2027, aínda que a súa posta en marcha non terá efecto ata 2030.

Este tren integrará mecanismos de seguranza para que non descarrile durante os terremotos, poderá soportar sacudidas  e danos, terá un deseño exterior inspirado nas flores de cerdeira xaponesas, o seu deseño interior -inspirado nas flores de cerdeira xaponesas- centrará o seu deseño na comodidade do usuario; contará con dez vagóns, disporá de amortiguadores laterais e posuirá un sistema de freado mellorado para acurtar as distancias cando sexa necesario. 

O tren incluirá consolas nos bogies para os guiar na dirección da vía e ampliará a almacenaxe para pezas de equipaxe, o  número de espazos para cadeiras de rodas e o número de tomas de corrente nos asentos. Amais, o motor de tracción asíncrono terá un sistema de indución sen ventilador. 

Chegaremos algún día a ter en España un tren destas características?.

Viaxei de Tokio a Osaka nun dos famosos tren bala. Nunca ata ese momento experimentara a tranquilidade que outorga a práctica seguridade de que viaxas coa tranquilidade de que pase o que pase, o teu tren levarate ao teu destino e chegará en hora. No podemos dicir o mesmo en España, e menos nas últimas semanas.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.