“Cartafol sen desclasificar: a tentativa golpista do 23-F” – Antón Luaces

24 Febreiro 2026

O Goberno que preside Pedro Sánchez vai desclasificar hoxe, martes, os documentos  relacionados coa tentativa golpista do 23 de febreiro de vai 45 anos. Protagonista directo desa tentativa foi o daquela tenente coronel da Garda Civil, Antonio Tejero Molina.

Tal desclasificación vai servir, dixo Pedro Sánchez, para “saldar unha débeda histórica coa cidadanía” porque “as democracias deben coñecer o seu pasado para construir un futuro máis libre” dado que “a memoria non pode estar baixo chave”, engadiu o presidente do Goberno.

A desclasificación será efectiva desde o momento mesmo da súa publicación no Boletín Oficial do Estado. A partir dese momento, os documentos estarán ao dispor de todas as persoas interesadas na páxina web da Moncloa.

Hose mesmo, a ministra portavoz, Elma Sáiz, ofrecerá toda a información ao respecto na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros.

Aínda que o presidente Sánchez non concretou que documentos van ser desclasificados, entre os papeis que continúan baixo segredo figura o sumario xudicial completo con 89 cartafoles d a responsabilidade do Tribunal Supremo, que inclúen gravacións e conversas telefónicas de aquela noite.

Tamén seguen baixo segredo os arquivos do CESID  onde se atopa o controvertido informe Jáudenes sobre a participación de axentes no golpe.

Permanecen asimesmo sen acceso ao público as escoitas telefónicas e comunicacións interceptadas entre A Zarzuela, A Moncloa e as capitanías xerais durante aquelas horas críticas de febreiro de 1981, documentación que podería clarexar incognitas sobre cuestións coma o papel dos servizos de intelixencia. 

Segue clasificado o fondo documental que abrangue o xuizo celebrado ante o Consello Supremo de Xustiza  Militar, custodiado no depósito acoirazado do Tribunal Supremo de Madrid, composto por 89 cartafoles que incluían a causa orixinal, recursos, expedientes e gravacións. O segundo  bloque en importancia está constituido polos documentos elaborados ou recompilados polo Centro Superior de Información da Defensa (Cesid) instalados no arquivo do servizo de intelixencia, unha zona de acceso restrinxido.

A documentación restrinxida aínda podería dar luz sobre varias incógnitas que os historiadores non poideron analizar con certeza, coma o papel exacto do rei Juan Carlos e todas as implicacións da chamada “Operación Armada” pola que fora condenado o xeneral Alfonso Armada a 30 anos de cárcere por un delicto de rebelión militar consumada.

Tamén están por clarexar o alcance da implicación do Cesid como institución na preparaciñon di asalto ao Congreso dos Deputados, o papel de altos mandos no xuizo, e se servizos de intelixencia estranxeiros tiveron coñecemento previo dos feitos. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.