Dous coches e un terceiro danado nun incendio en Ribeira

22 Febreiro 2026

Un incendio rexistrado de madrugada no paseo das Carolinas, en Ribeira, deixou dous coches totalmente calcinados e un terceiro afectado parcialmente cando estaban estacionados á altura do establecemento Náutica A Poutada.

Bombeiros Ribeira

O suceso produciuse arredor das 6.30 horas, cando un particular chamou ao 112 Galicia tras escoitar un forte ruído que lle pareceu unha explosión e comprobar que dous vehículos ardían e un terceiro se vía afectado polas lapas. Os coches danados foron un Suzuki Jimny e un Seat León, calcinados por completo, e un Daewoo Lanos, que sufríu danos parciais ao estar estacionado ao carón dos outros.

A central do CIAE 112 Galicia mobilizou de inmediato aos bombeiros do parque comarcal de Ribeira, así como efectivos da Policía Local e da Policía Nacional. Os profesionais de extinción, pertencentes ao Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Xarás, sofocaron o lume, arrefriaron os vehículos para evitar reproducións e minimizáronse así os danos na zona.

Unha vez rematada a extinción, a Policía acordonou a área onde estaban aparcados os coches afectados para facilitar o traballo das unidades especializadas que deberán determinar a orixe do incendio. Por agora descoñécense as causas concretas do lume, aínda que as investigacións seguen abertas para aclarar se foi un fallo mecánico, eléctrico ou unha acción intencionada

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.