The Rapants publicará “Rapants Club”, o seu novo álbum, o 4 de marzo

02 Marzo 2026

A banda muradá The Rapants publicará o seu cuarto LP, Rapants Club, este 4 de marzo. Neste novo álbum, a banda muradá leva a súa música a outro nivel: variedade estilística, guitarras frenéticas, sintetizadores e retrousos pegadizos desde a primeira escoita conflúen nun traballo que dá boa conta da evolución do grupo, á vez que mantén, máis viva ca nunca, a esencia e identidade rapante. Dende a banda engaden que Rapants Club é “moito máis que un disco, é a nosa maneira de entender a vida a través da música, de agradecer e compartir algo con toda a comunidade que formou e forma parte do noso progreso”.

Por certo que esta semana acadaron os 100.000 ouvintes en plataformas como Spotify, na que o seu sinxelo Non Sei Como se situou como un dos temas máis virais en España.

Neste novo álbum, The Rapants  presenta “unha ducia de temas cunha sonoridade moi especial”. A banda abre a porta a diferentes estilos musicais (como deixou albiscar en Non Sei Como -con Joe Crepúsculo- e Viaxei), especialmente cara ao disco e a electrónica, e abraza tamén letras máis escuras; mais segue a por en valor a diversión, as guitarras frenéticas, os riffs desafiantes, as sentenzas románticas e os retrousos memorábeis.  

Así, os creadores de éxitos xeracionais como La Favorita, O avión ou Meu Cariño publicarán o vindeiro 4 de marzo un disco “bonito, elegante e atemporal” e que, como definen eles mesmos, será “o máis fiel ao carácter e gustos” do cuarteto.

A grande inauguración deste Rapants Club, o concerto no que se poderán escoitar por vez primeira ao vivo os novos temas, terá lugar o sábado 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, cita na que se esgotaron, en poucos días, as 4.500 entradas que se puxeron á venda. 

O sábado 28 de febreiro, uns días antes da publicación do novo álbum, os rapantes despedirán a xira do seu anterior disco, La máquina del buen rollo, en Bruxelas, no marco dun evento moi querido pola banda e que deu pé ao nacemento do seu tema Rue Franklin: o Festival Emigrason. “Será un concerto moi especial, que pechará dous intensos anos de actuacións nas principais salas de concertos e festivais do país”, sinalan.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.