Augas de Galicia realiza traballos de conservación en preto de 11,5 quilómetros de cursos fluviais en Porto do Son

18 Febreiro 2026

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e mantemento fluvial en preto de 11,5 quilómetros en varios ríos ao seu paso polo Concello de Porto do Son. As tarefas, que xa foron comunicadas ao concello, desenvolveranse en diferentes tramos dos ríos Hornanda, Igrexa, Sandián, Sancho, Cans, Quintáns, Chico, Corzo, Caamaño e Sieira, así como en varios regos innominados.

Os traballos, que se prolongarán durante 22 semanas, consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos e tamén rozas puntuais e selectivas nos accesos á canle. Tamén se eliminarán especies exóticas invasoras. As actuacións realizaranse coa aplicación de motoserras, rozadoiras, podadoras e outras ferramentas manuais, que, segundo informou a Consellería, contarán co apoio de maquinaria de maiores dimensións como un tractor ou unha carretilla de carga.

A Consellería engadiu que “unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo hidráulico dependente do Executivo galego, estes tramos fluviais quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das augas”.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección. Neste caso trátase ademais do mantemento de zonas catalogadas como de alto risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

O fin último dos traballos é “mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...