“Un presidente cun aquel de mala sorte: Pedro Sánchez” – Antón Luaces

15 Febreiro 2026

Pedro Sánchez, presidente do Goberno de España desde xuño de 2018 após unha moción de censura contra Mariano Rajoy, é o autor dun libro titulado “Manual de resistencia” que moitos dos seus lectores cualifican de “interesante” e “esclarecedor, auténtico, ameno e sen mentiras nen rencores”.

Nada podo engadir nen quitar ao publicado pola editorial, por canto, sinxelamente, non o lin. Pero o título da obra veume á memoria cando sopesaba os “pros” e os “contras” dos seus mandados como primeiro ministro ou presidente de España nun momento e circunstancias nada doadas para o exercicio da función para a que foi elixido, primeiro por maioría dos electores e, en segunda ocasión, cos apoios dos grupos minoritarios do Parlamento, xa que logo, a maioría minoritaria correspondíulle ao PP, que non foi quen de conformar unha maioría de goberno, cousa que si fixo o PSOE, partido que, malia todo, está a executar un segundo mandado moi problemático no que nen sequera ten a posibilidade de aprobar os orzamentos anuais.

A esta situación súmase outra circunstancia: a celebración de eleccións nas comunidades autónomas de Extremadura e Aragón outorgaron un resultado negativo para as candidaturas socialistas e deixan a porta aberta a un PP que, en teoría,  pode acceder a formar goberno en coalición con Vox (cuestión tamén problemática).

Pois con todo isto semella que Pedro Sánchez dispón da agulla de marear do seu “manual de resistencia” porque nunca en democracia -tampouco na ditadura franquista- ningún goberno español se viu na necesidade de superar circunstancias tan adversas como as acaecidas na España de Pedro Sánchez como xefe do Executivo español: a pandemia de COVID, o volcán da illa da Palma, a “dana” de Valencia e a cadea de vendavais que arrasan o territorio español e obriga ao sector pesqueiro a un amarre de dous meses que levan a mariñeiros, gandeiros e labregos a protestas xustificadas que, malia todo, non foron dabondo para obrigar a Sánchez a renunciar ao seu posto na Moncloa. 

É o seu manual de resistencia, a súa sorte, o seu saber facer?… Que é?. Porque, malia os atrancos citados e unha oposición que non o da batido nun tempo que semella ser propicio para o labor de zapa que levan a cabo o PP, Vox e Junts (especialmente) coa colaboración de Podemos, Pedro Sánchez segue avante e sitúa a España en parámetros verdadeiramente sorprendentes.

Haberá que ler o manual.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.