“Descubrir a Galicia que acubilla carballos, salgueiros, acibros e abeleiras no Barbanza”- Antón Luaces

14 Febreiro 2026

O municipio de Noia agocha a Devesa de Nimo, un deses tesouros descoñecidos por moitos dos habitantes da comarca banbanzá malia ser un dos bosques galegos dun valor ecolóxico e medioambiental de enorme valía.

Situado á beira do río Tambre, este bosque mixto de carácter atlántico abrangue unhas 150 hectáreas de terreo  que acubilla unha ricaz vexetación de ribeira con numerosos exemplares de carballos, salgueiros, acivros, e abeleiras, amais de fieitos, fungos e liques entre os que vive unha fauna moi diversa con especies coma lontras, garzas, xabarís, raposos, coellos e aves coma o martiño pescador.

A da Devesa de Nimo é unha espectacular ruta que comeza na central hidroeléctrica do Tambre, unha xoia industrial con aspecto catedralicio” deseñada polo arquitecto galego Antonio Palacios, artífice doutros edificios coma o Templo da Veracruz (O Carballiño) ou o Templo Votivo do Mar.

Desde alí, un carreiro segue o curso do río pola súa beira esquerda, adentrándose nun bosque máxico “que convida a conectar coa natureza no seu estado máis puro”.

Esta devesa forma parte da vintena de bosques máis fermosos e sorprendentes de Galicia, nos que é doado atopar soutos milenarios, frondosas fragas, devesas plenas de maxia e bosques únicos nestas latitudes: un auténtico paraíso natural que ben se pode dicir que aínda está por explorar- 

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.