A Pobra do Caramiñal inaugura esta fin de semana o Entroido 2026 cun amplo programa de festas para todas as idades

13 Febreiro 2026

A Pobra do Caramiñal prepárase para dar comezo este sábado, 14 de febreiro, ás celebracións do Entroido 2026, cunha programación chea de actividades pensadas para todos os públicos.

A música e o espírito festivo chegarán ás rúas da vila da man de Os Encerellados, que actuarán a partir das 12.00 horas. Xa pola tarde, ás 19.30, Troula Animación ofrecerá o espectáculo Lume, cun percorrido desde o Cantón da Leña ata os Xardíns de Valle-Inclán. A xornada rematará coa gran festa de disfraces na praza Alcalde Segundo Durán, amenizada pola disco móbil Chinhamusic.

O domingo, 15 de febreiro, o protagonismo será para os máis pequenos. Debido á previsión de choiva, a festa infantil trasládase ao polideportivo da Tomada, onde haberá inchábeis, obradoiros, chocolate con churros e un concurso con 800 euros en premios para crianzas de ata 12 anos.

O tradicional desfile de comparsas e carrozas, previsto inicialmente para o martes 17, celebrarase finalmente o venres 20 de febreiro, tamén por mor do mal tempo. No desfile participarán as comparsas Samieira, Os da caña, As sonecas e Cor Café, cun percorrido desde A Covecha ata a rúa Castelao, rematando no colexio Fernández Varela, escenario do concurso.

Todas as carrozas inscritas recibirán 200 euros por participar (ata un máximo de sete), e os premios principais sumarán 1.850 euros na categoría de carrozas, 1.450 euros na de grupos e 775 euros para parellas e disfraces individuais.

As celebracións prolongaranse a fin de semana seguinte co Enterro do Filipiño, o sábado 21, e o Domingo de Piñata, o día 22, poñendo o broche de ouro ao Entroido pobrense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.