O PSdeG de Lousame celebra o convenio de 204.000 euros da Deputación para renovar o céspede artificial do Campo de Cabanetán 

13 Febreiro 2026

O PSdeG-PSOE de Lousame celebra a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación da Coruña, mediante o cal a institución provincial financiará o 80% dos 204.000€ que custará renovar o céspede artificial do Campo de Fútbol Municipal de Cabanetán. 

A Deputación achegará un total de 163.824,91 euros para substituír o actual céspede artificial, desgastado polo uso continuado da instalación, por un novo pavimento deportivo de última xeración e homologado segundo a normativa vixente. 

O voceiro socialista local Juan José Prego Ces subliñou “o compromiso da institución e do seu presidente, o socialista Valentín González Formoso, con Lousame e o seu tecido deportivo e social”. 

“Na última década, os gobernos socialistas na Deputación investiron máis de 13 millóns de euros en Lousame, incluíndo 6,7 millóns do Plan Único”, salientou o portavoz socialista. 

Prego Ces criticou tamén que “o Goberno do PP de Lousame pretenda agora colgarse as medallas por unhas xestións realizadas coa Deputación por parte do Grupo Municipal Socialista”. 

“Aínda estando na oposición en Lousame, logramos a aprobación deste convenio na Deputación no pasado mes de novembro logo de numerosos trámites e xuntanzas coa institución e en particular co deputado de Deportes, Antonio Leira”, lembrou o socialista. 

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.