O BNG pide que se cubran as prazas médicas en Ribeira

12 Febreiro 2026

Este xoves celebrouse unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza no Centro de Saúde, unha mobilización que volve contar co apoio do BNG. Dende a agrupación sinalaron que “a poboación ribeirense segue sufrindo o deterioro do servizo de saúde pola falta de profesionais que garantan unha atención de calidade”.

E engadiron: “Actualmente segue sen cubrirse unha praza de médico de familia, falta unha matrona desde hai meses e tamén un pediatra desde hai máis dun mes”.

Sinalaron ademais que en Aguiño “o servizo médico só se presta durante algunhas horas cando deberían estar traballando dous profesionais de maneira estábel”.

O ex-alcalde e portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, denunciou que esta situación “evidencia o abandono que sofre a sanidade pública no noso concello”, e asegurou que a formación nacionalista “seguirá ao lado da veciñanza ata conseguir todos os profesionais necesarios para garantir unha atención sanitaria digna, sen tempos de agarda excesivos porque mentres están deteriorando o servizo público, por outro lado vemos como a Xunta transfire cartos á privada, concretamente 1.600 millóns entre 2020 e 2025 que poderían ter ido para o sistema público de saúde”.

Barral dixo tamén que a alcaldesa “nunca defendeu os dereitos da veciñanza nin apoiou as súas reivindicacións, porque prefiren defender os intereses do Partido Popular antes que as necesidades da veciñanza”.

Desde o BNG reiteran que “continuarán impulsando iniciativas e reclamacións institucionais ata que a Xunta cubra todas as prazas vacantes e se restableza un servizo sanitario completo e de calidade para Ribeira e Aguiño”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.