A UDC pon en marcha un estudo piloto sobre os efectos dunha bebida funcional con auga de mar no envellecemento activo

12 Febreiro 2026

A Universidade da Coruña, a través do Grupo de Investigación en Xerontoloxía e Xeriatría (GIGG‑UDC), anunciou que vai levar a cabo un estudo piloto para avaliar o impacto dunha bebida funcional, Seadrinks, elaborada con auga de mar depurada das Illas Cíes, no envellecemento activo de persoas maiores de 60 anos. A investigación está dirixida polo profesor José Carlos Millán, catedrático de Medicina da UDC.

O proxecto, que conta coa aprobación do Comité de Ética de Investigación A Coruña-Ferrol, desenvolverase durante oito semanas. Durante ese período, as persoas participantes consumirán diariamente un litro da bebida que lles corresponda (a elaborada con auga de mar ou un placebo). Haberá unha avaliación inicial e unha final, así como un seguimento semanal, por parte de profesionais do GIGG-UDC nas áreas médica, psicolóxica, de enfermaría e terapia ocupacional.

Tal e como se explica desde o grupo, a participación non supón riscos relevantes, dado que, tanto Seadrinks como o placebo, serán elaborados baixo estritas condicións de seguridade alimentaria e conforme á normativa existentes. De feito, a bebida isotónica está composta por un 25% de auga de mar depurada; un 10% de zumes ecolóxicos; un 2% de edulcorante ecolóxico e un 63% de auga; mentres que a bebida placebo será un 88% de auga, un 10% de zumes ecolóxicos e un 2% edulcorantes.

Entre os criterios para poder participar, ademais de ser maior de 60 anos, está a residencia na comunidade autónoma; a dispoñibilidade semanal; a capacidade para consumir diariamente a bebida e realizar o autorexistro. Por outra banda, existen unha serie de indicadores de exclusión, como presentar algunha alerxia/intolerancia a compoñentes como zume, froita ou edulcorantes; ter hipertensión non controlada; sufrir patoloxía aguda descompensada ou insuficiencia cardíaca ou renal avanzada; ter restricións médicas de sodio ou diuréticos non controlados; padecer disfaxia ou dificultade para tragar líquidos; ou ter imposibilidade de acudir aos controis.

As persoas interesadas en participar, poden contactar co equipo investigador a través do correo grupo.investigacion.gerontologia@udc.gal ou do teléfono 981 167 000, extensión 5890, para recibir máis información sobre o proceso de selección e os requisitos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.