“Poden convivir en España a sanidade pública coa privada?” – Antón Luaces

12 Febreiro 2026

A comunidade autónoma de Galicia non é allea, nen moito menos, ao serio enfrontamento nos conceptos de sanidade privada-sanidade pública no que case sempre, por non dicir sempre, sae perdendo o enfermo e a súa familia.

É moi simple, moi sinxelo: o asunto, agora, é determinar como se evita a parasitación do Sistema Nacional de Saúde para contribuír, segundo a ministra de Sanidade, Mónica García, a esa fin.

E o Consello de Ministros xa dou o primeiro paso para acadalo ao aprobar este martes un anteproxecto de lei cuxo obxectivo é, precisamente, dificultar esa parasitación que non dubida en alongar as listas de espera para aumentar os seus beneficios. Un sistema herdado da ditadura franquista -cando imperaba o servizo médico estatal do 18 de xullo para determinados colectivos entre os que estaban os funcionarios e os mariñeiros- e absolutamente modificado en democracia, que a presidenta madrileña Isabel Ayuso obstaculiza, nun evidente intento de reverter a reforma aprobada cando gobernaba o PP e que na actualidade propón o Goberno reformista que preside Pedro Sánchez, para permitir a asunción da fórmula que defende a comunidade de Madrid: que prime o interese da sanidade privada por máis que esta recoñeza que as solucións aos problemas de gravidade, os derivados das grandes cirurxías, están nos centros hospitalarios públicos, como recoñecen os propios centros privados e mesmo as compañías de seguros privadas.

A inmensa maioría dos españois recoñecen a importancia e valor da sanidade pública. Máis non así determinados intereses privados que, para nada, defenden os públicos.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.