Rescatan tres persoas tras envorcar a súa embarcación no Grove

10 Febreiro 2026

Tres persoas resultaron ilesas este martes tras envorcar a embarcación na que navegaban na zona do porto de Meloxo, no concello do Grove, e seren rescatadas por outra lancha que as trasladou a terra firme.

O suceso produciuse pasadas as 18:30 horas, cando o 112 Galicia tivo coñecemento do accidente a través da chamada dun particular que advertiu da presenza dun barco envorcado xunto a unha batea, coas tres persoas que ían a bordo situadas enriba da estrutura mariña á espera de axuda. Segundo indicou este alertador, a incidencia rexistrouse na contorna do porto de Meloxo, no termo municipal do O Grove.

Ao lugar desprazouse o Servizo Municipal de Emerxencias do Grove, cuxos efectivos comprobaron que a embarcación escorara mentres realizaba tarefas de carga de mercadorías e rematara por envorcar totalmente. A rápida reacción da tripulación permitiu que os ocupantes puidesen acceder á batea próxima sen sufrir danos persoais nin caer á auga.

Ante o aviso, activouse un operativo no que participaron Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil, a Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias do Grove. O helicóptero de rescate Pesca I chegou a ser mobilizado, aínda que finalmente non foi precisa a súa intervención, xa que as tres persoas foron trasladadas ilesas a porto noutra embarcación que acudira ao punto.

Como consecuencia do envorco, o barco acabou afundindo por completo na zona da batea, sen que se rexistrasen danos persoais entre a tripulación. As autoridades coordinaron o dispositivo para garantir a seguridade marítima na área á espera das actuacións oportunas sobre os restos da embarcación,

Outros artigos

A ABE lanza a campaña Black Friday Local: Grazas por estar aí

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha hoxe luns, 23 de novembro, a campaña Black Friday Local – Grazas por estar aí, unha iniciativa coa que se quere aproveitar esta semana para "agradecer a confianza das persoas que apoian as empresas de Boiro" e...

+

As farmacias de Noia súmanse á campaña de Noia polo 25N

As farmacias de Noia sumáronse estes días á campaña Noia di NON á violencia de xénero, encadrada na axenda do CIM e o Concello de Noia para celebrar e visibilizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, este 25 de novembro. Segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.