Este martes unha fronte deixará choivas intensas nas Rías Baixas e en Santiago durante a mañá

09 Febreiro 2026

A entrada dunha fronte moi activa marcará o tempo este martes 10, San Gonzalo, en Galicia, especialmente nas Rías Baixas e na comarca de Santiago. Espéranse ceos moi nubrados dende primeiras horas da mañá, con precipitacións frecuentes e localmente intensas na metade oeste e nas zonas altas.

Nas Rías Baixas, os chuvascos poderán ser persistentes ata o mediodía, acompañados de ventos do suroeste que soprarán fortes no litoral, con refachos que superarán os 70 km/h en puntos costeiros. En Santiago, a xornada comezará tamén con choiva e vento moderado, aínda que se agarda unha melloría progresiva a partir da tarde.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, tanto nas mínimas como nas máximas, deixando un ambiente algo máis suave a pesar da inestabilidade.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 6 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e 3 a 4 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...