“A choiva derruba parte da muralla de Lucus Augusti” – Antón Luaces

09 Febreiro 2026

Declarada pola UNESCO Patrimonio Mundial da Humanidade no ano 2.000, a muralla de Lugo perdeu na noite deste sábado parte do pano da cara suroeste debido á acumulación de auga orixinada polas choivas destes días. 

O desprendemento non causou danos persoais nen materiais e ven ser o primeiro que se contabiliza nos últimos 20 anos. Produciuse ás 23,30 horas da noite do sábado, na rúa do Moucho da capital luguesa. A parte derrubada quedou na zona interior da muralla e formaba parte do recubrimento do muro ende ben non pertence á orixinal romana, xa que logo corresponde á zona na que a construción era menos densa e dispón de maior cúmulo de terra e menor cantidade de pedra . De aquí que fose máis  sensible ás choivas rexistradas nas últimas semanas. Arestora non se agardan máis desprendementos na zona, pero de seguir a chover en cantidades semellantes ás xa rexistradas, non se desbota que a auga arrastre o material acumulado durante o derrube.

Durante este domingo, representantes do concello lugués e da Xunta visitaron a zona e explicaron as actuacións a levar a cabo para recompoñer esta parte do monumento. Dáse como moi probable que este luns comecen os traballos de restauración deste monumento Patrimonio Mundial da Humanidade.

No ano 1986 rexistrouse un dos máis importantes esboroamentos desta muralla recoñecida como a única no mundo de cantas rodean poboacións semellantes a Lugo. Tal derrube foi na zona que ocupa actualmente  o edificio multiusos da Xunta. Catro anos máis tarde houbo outro grande desprendemento a carón da porta do Bispo Aguirre. E no ano 2000, parte dun lenzo lindeiro á porta de Santiago foi reconstruído desde a base.

A construción da muralla de Lugo data da segunda metade do século III . Cunha lonxitude de 2.226 metros este monumento mundial está coroado por 86 poderosas torres e delimitado como elemento integrador entre a antiga Lucus e todo o que se foi creando no arredor. As súas dez portas unen unha parte da cidade coa outra e o seu paseo de rolda -o adarve- converteuse nunha rúa.

Segundo a lenda, os romanos construíron esta muralla para protexer o “Lucus Augusti” desde a concepción de acubillar ao “Bosque Sagro de Augusto”, bosque hoxe en día misterioso pero que rodea a vella muralla nun permanente desafío ao tempo e á historia. 

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.