O “Santa Isabel” protagonista dun artigo no diario “El Debate”

07 Febreiro 2026

O xornal dixital “El Debate”, publica este sábado un amplo artigo sobre o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel do que recentemente cumplirone 105 anos e no que morreron 213 persoas.

O artigo leva por título “La gesta de las heroínas de Sálvora y Cebreiro, almirante de los pobres, en el Titanic gallego” e foi redactado por María Fidalgo Casares recolle aspectos relativos ao buque, ao naufraxio e aos heroes e heroínas do barco destacando o papel das Mulleres de Sálvora e do segundo oficial, don Luís Cebreiro.

A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o vapor Santa Isabel naufragou fronte á illa de Sálvora, na ría de Arousa, nunha traxedia coñecida como o “Titanic galego” , que causou 213 vítimas mortais.

No medio do temporal, tres mozos insulares- Cipriana Oujo, Josefa Parada e María Fernández- lanzáronse ao mar nunha pequena dorna e lograron rescatar a unha vintena de superviventes, unha das maiores fazañas de heroísmo da historia marítima galega. En terra, Cipriana Crujeiras auxiliou aos náufragos que chegaban á costa.

Delas destacaron figuras como Luis Cebreiro, coñecido como o “Almirante dos pobres” , e varios tripulantes que arriscaron a súa vida para evitar unha maior traxedia. Hoxe, a historia das heroínas de Sálvora segue viva como símbolo de solidariedade, coraxe e memoria colectiva.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.