A Xunta investirá 640.000 euros na renovación de pantaláns en dez portos autonómicos

06 Febreiro 2026

Entre eles Muros, A Barquiña (Outes), Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Carril (Vilagarcía), Vilanova de Arousa e O Grove

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presentou esta mañá no porto de Baiona o plan de renovación de pavimentos de pantaláns e outras instalacións flotantes que levará a cabo Portos de Galicia en dez peiraos da comunidade. A actuación conta cun orzamento total de 640.000 euros e atópase xa en proceso de licitación pública.

Villaverde, acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, explicou que os traballos beneficiarán aos portos de Baiona, Lorbé (Oleiros), Muxía, Muros, A Barquiña (Outes), Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Carril (Vilagarcía), Vilanova de Arousa e O Grove. As obras consistirán na retirada dos pavimentos de madeira deteriorados dos pantaláns, pasarelas e fingers, que serán substituídos por materiais tecnolóxicos de maior resistencia e durabilidade. O prazo de execución previsto é de sete meses.

Segundo destacou a conselleira, o obxectivo desta intervención é mellorar a seguridade do tránsito nestas instalacións flotantes, reducindo o risco de esvaróns ou accidentes, e substituír aquelas táboas danadas polo paso do tempo e as condicións marítimas.

En canto ao porto de Baiona, Villaverde detallou que se actuará concretamente nos pantaláns 2, 3 e 4, destinados ao sector profesional pesqueiro, cun investimento total de 125.000 euros. As obras incluirán a renovación da madeira dos pavimentos, fingers e brazos de amarre. Durante a execución dos traballos, garantirase o acceso dos usuarios ás súas embarcacións mediante medidas de seguridade e dispositivos habilitados para tal fin.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.