O Goberno de Ribeira reforzará as patrullas da Policía Local e incrementará a presenza policial a pé nas rúas do entorno comercial

06 Febreiro 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, mantivo na mañá deste 6 de febreiro unha reunión de traballo co responsable da Policía Local de Ribeira, José
Manuel Bretal, na que ambos abordaron a posibilidade de reorganizar e reforzas as patrullas nos vindeiros días para dar resposta a unha inquedanza veciñal con respecto aos feitos que se están a suceder nas últimas datas. “Estamos ante unha situación na que os veciños precisan de medidas que aporten confianza e tranquilidade, unha situación excepcional que se está dando nos últimos días no noso municipio. Quero expresar o meu agradecemento aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado polo labor intenso e a valentía que están amosando ante os amigos do alleo e en defensa da veciñanza de Ribeira”, apuntou Sampedro.

Indicou que nestes días, a Policía Local reforzará a súa presenza na rúa “especialmente a pé e na zona comercial” co fin de poder aportar unha maior seguridade que vén sendo solicitada non só pola veciñanza senón tamén por hostaleiros e comerciantes. “Estas medidas”, dixo, “poderán verse incrementadas se vemos que é necesario, non imos escatimar en esforzos”, segundo afirmou a alcaldesa que agarda que na vindeira Xunta Local de Seguridade se poidan tomar outro tipo de decisións.

Indicou tamén que o atraso na convocatoria deste órgano colexiado, que será o 19 de febreiro, ten que ver coa dispoñibilidade na axenda do subdelegado do Goberno. “Queremos traballar e enfrontar isto conxuntamente pero eu coma alcaldesa considero isto urxente e non podo estar agardando; mentres tanto nós imos a tomar decisións que competan ó ámbito municipal”.

Instalación de cámaras

A alcaldesa aproveitou tamén a cita para tratar o tema da instalación de cámaras en puntos estratéxicos do municipio e que, indicou, “poden ser unha ferramenta de gran axuda no referido á seguridade cidadá, evitando así moitos dos episodios que se poidan suceder e mesmo poderán utilizarse como unha mostra de calquera delito que se cometa nese entorno”. Esta medida, na que se traballa para poder implementar nun período curto de tempo, “tamén poderá dar resposta a outro tipo de incidentes que teñan que ver con infraccións de tráfico, delitos de orde ou accidentes”, rematou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.