“Basta xa!” – José Manuel Pena

04 Febreiro 2026

Cantos golpes dan as ondas, ao longo dun día, nas rochas?, cantas veces che fixo calar?, canto tempo cres que aguantarás?, desgraciadamente esta canción de Amaral está de plena actualidade. A violencia de xénero segue sendo unha materia pendente na nosa sociedade e cada vez coñecemos máis exemplos desta triste e inxusta realidade.

Segundo din os expertos, a violencia, cando aparece nunha relación de parella, non desaparece polo mero feito do paso do tempo e aínda que a vítima confíe no seu arrepentimento, o ciclo de violencia volve iniciarse, aumentando en cada ocasión o nivel da mesma.

No meu pobo, hai un pai que abusou sexualmente e de maneira reiterada da súa filla maior, que padece un certo grao de discapacidade, así como da avoa, mentres que a esposa prefire manter o silencio por vergoña social, amparando ao seu marido. Por sorte o caso vai ser denunciado pola “valentía” da filla, a pesar do pánico que ten cara ao proxenitor. Ao mesmo tempo comprobo, persoalmente, como unha moza de mediana idade sufriu malos tratos psicolóxicos polo seu ex parella, ao longo de moito anos, e cando tratamos de recuperar a vivenda habitual de ser desafiuzada, atópome cunha persoa esnaquizada que prefire optar pola dación en pago, antes de ter que vivir no “fogar” onde sufriu tantos horrores de malos tratos psicolóxicos. Xa abonda !!!

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.