“A UE e Mercosur non se entenden: ambas as potencias teñen medo a perder” – Antón Luaces

02 Febreiro 2026

Non concordan, malia teren asinado un acordo de libre comercio que negociaron durante máis dun cuarto de século e que significa a zona de libre comercio máis grande do mundo. Hai dúas semanas, o Parlamento Europeo decidía votar a revisión de compatibilidade de xeito que o Tribunal de Xustiza da Unión (TXUE) dea por válida ou non esa compatibilidade cos tratados comunitarios, o que supón a paralización da súa efectividade ata que os xuíces se pronuncien.  

A medida atrasa ata dous anos a entrada en vigor do maior pacto comercial da historia da Unión Europea. 

Sobre a mesa queda a validez legal do mecanismo de reequilibrio que inclúe o pacto que, a xuízo de varios deputados, pode afectar á autonomía regulamentaria da UE e mesmo a base legal elixida para a súa aprobación, que permite que os capítulos do acordo centrados en comercio podan ratificarse sen o consentimento dos parlamentos nacionais.

Segundo o TXUE, este tipo de opinións tardan entre 18 e 24 meses en ser decididas, ende ben a corte ten o control total sobre os procedementos e pode, cando as circunstancias o requiran, dar prioridade a unha solicitude de opinión na práctica.

Diferentes voces dentro do Parlamento Europeo xa avisaran de que se trataría dun voto moi axustado e advertiran en contra de atrasar a ratificación do acordo co envío do seu texto ao TXUE , especialmente diante das ameazas arancelarias de Donald Trump polo envío de tropas a Groenlandia por parte de oito países europeos.

 Mentres tanto agricultores e armadores de pesca de Galicia e outros países comunitarios levan sine die as súas protestas ás estradas e rúas en demanda de solucións que semellan non estar exclusivamente nas mans dos seus respectivos gobernos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...