O mal tempo obriga a suspender a regata contra o reloxo deste sábado do Club de Remo Cabo de Cruz

30 Xaneiro 2026

A Secretaría Xeral para o Deporte optou por cancelar as actividades federadas no mar

O Concello de Boiro colabora co Club de Remo Cabo de Cruz na organización da XXIII Regata Contra o Reloxo prevista para este sábado 31 de xaneiro no peirao de Cabo de Cruz. O concelleiro de deportes, Marcos Fajardo, participou este 29 de xaneiro, xoves, na presentación xunto con Luís Piñeiro, presidente do Club de Remo Cabo de Cruz, e Tomás Estévez, xerente da ABE.

A regata realizarase como unha regata contra o reloxo tradicional cun so carreiro e na que van participar un total de 67 equipos repartidos nas categorías de remo inclusivo, BCS/SMC, sub17, veteranos e categorías absolutas.

Nesta edición vanse disputar a II Bandeira Solidaria Club de empresas CRCC. Remo inclusivo; a I Bandeira BCS; a IV Bandeira Veterana Feminina #SomosBoiro; e a IV Bandeira Veterana Masculina #SomosBoiro.

“Despois do éxito da anterior bandeira solidaria este ano queremos seguir apostando por unha causa social como son as neurodiverxencias co obxectivo de darlles visibilidade e camiñar cara unha inclusión real”, afirmou o presidente do Club de Remo, Luís Piñeiro.

Colabora tamén nesta proba a Asociación Boirense de Empresa que patrocina coa marca #SomosBoiro as bandeiras veteranas. “Fai varios anos que colaboramos co Club de Remo Cabo de Cruz para vincular a actividade deportiva coa empresarial”, afirmou Tomás Estévez.

O concelleiro de deportes, Marcos Fajardo, agradeceu a implicación e sinerxías das dúas entidades que “fan mais pobo e que demostran que o deporte tamén pode ser unha ferramenta de transformación social”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.