12 maio: Repuntan os mortos en España 176. Galicia rexistrou unha vitima

12 Maio 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 12 de maio:

  • 26.920  mortos. A véspera contabanse 26.744. Son 176 máis. 
  • 228.030  confirmados por PCR. Ata o domingo eran 227.436. Son 426 máis. 
  • 138.980 curados. 137.139 o día anterior. Son 1.841 novos curados.

A morte dun home de 55 anos en Ourense elevou a 595 o número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia (463 en atención hospitalaria e 132 no interior de centros xeriátricos), nunha xornada na que non se notificaron mortes en residencias de maiores, segundo os datos trasladados pola Consellería de Sanidade. Así, na tarde deste luns fontes sanitarias informaron do falecemento dun home de 55 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense. Había sigo diagnosticado de coronavirus e tiña patoloxías previas.

Ademais, este luns, as mesmas fontes confirmaron a morte doutro home de 69 anos de idade con coronavirus que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), e que padecía patoloxías previas. Con estas morte, o número de defuncións en atención hospitalaria elévase a 463: 123 na área sanitaria da Coruña, 97 na área de Ourense, 91 na área de Vigo, 80 na área de Santiago, 30 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas dos falecidos, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...