Este venres comeza en Artes a XVII edición do Obradoiro de Gravado, centrado na técnica do litogravado

22 Xaneiro 2026

O Museo do Gravado (Artes, Ribeira), a través do seu director, Pastor Rodríguez, informou o inminente desenvolvemento da XVII edición do seu Obradoiro de Gravado, que se realiza esta fin de semana: do venres 23 ao domingo 25 de xaneiro.

A través desta actividade as persoas participantes aprenderán a realizar obras a partir dun novo proceso de gravado que o seu autor, o profesor José Fuentes (Universidade de Salamanca), denominou litogravado. Este proceso deuse a coñecer na súa tese doutoral no ano 1985.

Trátase dun proceso de gravado que aporta unha nova forma de obter imaxes gravadas sobre matriz de cobre a partir dun debuxo realizado directamente sobre a mesma. O carácter gráfico das imaxes obtidas a través deste proceso é moi similar ao debuxo litográfico sobre pedra, de aí o seu nome: litogravado. As imaxes créanse debuxando cun lapis graxo sobre  o cobre que foi previamente tratado para que o lapis se adhira e o trazo proporciónanos unha ampla gama de tons.

No curso hai anotadas 13 alumnas e alumnos de diferentes provincias (A CORUÑA: Ribeira, Pobra, Santiago, Milladoiro, PONTEVEDRA: Pontevedra e Vigo;  LUGO:  Lugo e MADRID).

A entrega de diplomas do XVII Obradoiro de Gravado terá lugar o domingo, 25 de xaneiro de 2025, ás13.30 h no taller do MUGART (Museo do Gravado de Artes).

O curso será impartido por José Fuentes Esteve, Antonio Navarro e Isabel Carrarelo, da Universidade de Salamanca (Instituto de Investigación en Arte y Tecnología de la Animación USAL).

Litogravado do profesor e artista José Fuentes

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.