O alumnado de centros escolares de Boiro participa no Lab Barbanza en obradoiros de emprendemento

21 Xaneiro 2026

O Concello de Boiro leva a cabo con diversos centros de ensino do municipio uns talleres sobre emprendemento circular e sostíbel. Estas actividades englóbanse no marco do programa de dinamización do Centro de Formación, Innovación e Emprendemento Lab Barbanza.

Participan nesta actividade alumnado de dous centros de primaria e dous e secundaria. No caso dos centros de primaria o alumnado recibe un obradoiro e tamén unha visita ao espazo de traballo colaborativo para poder coñecer o que é un espazo coworking e como funciona.

No caso dos centros de secundaria e bacharelato o alumnado tamén conta con dúas sesións, unha teorico-práctica con dinámicas participativas sobre emprendemento e unha visita ao coworking na que manter un encontro cos emprendedores e emprendedoras do espazo para coñecer de primeira man os seus proxectos e traxectorias.

O concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, participou nunha das xornadas que están impartidas por A Maceta e que teñen un dobre obxectivo. Por un lado dar a coñecer o espazo Lab Barbanza como un centro municipal de formación e emprendemento con opcións de formación para un futuro profesional e, polo outro, espertar no alumnado a curiosidade polo espírito emprendedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.