“Medio século falando de Galicia, en galego” – Antón Luaces

21 Xaneiro 2026

Este  venres, 23 de xaneiro, ás 19,00 horas, unha exposición sobre memoria, cultura e país abrirá un programa de actos cos que a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, conmemorará os seus primeiros 50 anos de vida. É este un colectivo de persoas “comprometidas coa lingua e a cultura do país que traballa desde o asociacionismo cultural de base” e que neste medio século de vida deixou na nosa Terra a pegada da súa entrega a unha concepción máis fonda do que podía ser no tempo da súa fundación sentirse galego.

O prioritario para esta agrupación cultural desde 1976, ano da súa fundación, está baseado na promoción e defensa da lingua e da cultura galegas mediante actividades culturais que van desde o teatro á música, pasando pola defensa dos dereitos da muller, o nacemento e a repercusión das Irmandades da Fala, do patrimonio toponímico galego, a interacción da lingua cos avances tecnolóxicos, o cine, a política, a literatura, etc., que levan a un proxecto que é desafío desde que o xornalista, escritor e poeta galego Manuel Rivas, referíndose á Coruña literaria, dixo que “estamos a falar dunha cidade que xa é literaria”.

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda foi a remuda dun compromiso tempo atrás asumido por outra entidade semellante: O Facho, fundada en 1963 e que foi todo un símbolo de resistencia cultural e política, organizando cursos de língua galega (promovidos por Leandrio  Carré Alvarellos), grupos de teatro (dirixudis olor Manuel Lourenzo e Francisco Pillado)  e concursos literarios como o de literatura infantil e xuvenil que premiou en  1968 e Carlos Casares por “A galiña azul”.

Doou a súa biblioteca e arquivo á Real Academia Galega en 2012. 

Actualmente é a A.C. Alexadre Bóveda quen asume aquela defensa que o franquismo nunca quixo permitir a O Facho.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.