Prisión provisional para o acusado de apuñalar o seu pai en Ribeira en novembro de 2025

20 Xaneiro 2026

O xuíz do Tribunal de Instancia de Ribeira, praza 1, decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home acusado de apuñalar o seu pai en Ribeira o pasado mes de novembro.

O detido pasou a disposición xudicial tras recibir a alta hospitalaria, logo de permanecer ingresado durante case tres meses debido ás feridas sufridas no suceso.

Tras a súa comparecencia, o maxistrado acordou o seu ingreso en prisión mentres continúa a investigación xudicial. O acusado está a ser investigado por un delito de tentativa de homicidio.

Os feitos ocorreron no ámbito familiar e seguen baixo investigación para esclarecer as circunstancias exactas nas que se produciu a agresión.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.