Ampliada a todo o litoral galego a alerta vermella na costa da Coruña

20 Xaneiro 2026

Debido ás alertas laranxa e vermella, a Secretaría  Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a suspensión da actividade deportiva no mar, tanto federada como do programa Xogade, nos concellos afectados segundo as previsións dos órganos preditores, e que se poden consultar na web Deporte Galego.

A Xunta A Xunta de Galicia ampliou hoxe a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego, ante a evolución dun episodio meteorolóxico adverso que está a afectar a costa, e anunciou que mañá elevarase a alerta a nivel vermello no litoral noroeste e oeste da provincia da Coruña a partir das 21:00 horas.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso afectará hoxe a todo o litoral galego cunha mar combinada do noroeste e ondas de ata seis metros e, nalgúns momentos, de sete metros. Para mañá, nas zonas noroeste e oeste da costa coruñesa, espéranse condicións máis extremas coas ondas que poderán acadar os nove metros e vento do noroeste de ata forza sete.

Como medida preventiva, a Secretaría Xeral para o Deporte anunciou a suspensión da actividade deportiva no mar, tanto federada como do programa Xogade, nos concellos incluídos nas áreas con alerta, segundo as previsións dos órganos meteorolóxicos.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.