A Biblioteca Municipal de Boiro abrirá a partir do mércores para o préstamo de libros en horario reducido

11 Maio 2020

O Biblioteca Publica Municipal do Concello de Boiro, situada na Casa da Cultura, abrirá este mércores, en horario reducido, para o préstamo e devolución de libros. O horario no que prestará servizo a partir do día 13 será de luns a venres pola mañá, de 9.00 a 13.00 horas, e os martes e xoves pola tarde, de 17.30 a 20.30 horas.
Para garantir a saúde e seguridade do persoal da biblioteca e das persoa usuarias da mesma adoptáronse unha serie de medidas como son a limpeza e desinfección do espazo e o seu acondicionamento con mamparas de protección, así como a colocación de dispensadores de xel hidroalcólico. Polo momento non se permite a presenza na sala para lectura ou estudio.
Na fase 1 o aforo está limitado a so unha persoa, por iso se recomenda
pedir cita telefónica para evitar esperas e aglomeracións no 981 84 84 10.
Deste xeito as persoas usuarias poden facer xa o seu pedido por teléfono e telo listo cando cheguen para recollelo. O acceso á biblioteca farase con máscara e luvas e hai que manter as distancias de seguridade de 2 metros. Polo momento so prestará servizo a biblioteca de Boiro, a situada no Centro Social de Escarabote permanecerá pechada.
As condicións de prestamos mantéñense, pero os servizos de renovación e devolución amplíanse e todos aqueles libros que tiñan data de vencemento a partir do 13 de marzo renóvanse automaticamente ata o 11 de xuño. Por seguridade, os libros que se devolvan non poderán volverse prestar ata que pase un mínimo de 14 días.

Outros artigos

Cáritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo

Socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%. Cáritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio económico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...