Rois repartirá máis de 2.000 euros en premios no Concurso de Entroido que se celebrará o sábado 14 de febreiro

19 Xaneiro 2026

O Concello de Rois abre o prazo de inscrición para participar nun Concurso de Entroido que repartirá máis de 2.000 euros en premios e nesta ocasión se celebrará o sábado 14 de febrero. A celebración volverá encher de “cor e creatividade” as rúas do municipio e “combinará o desfile dende o Casa Consistorial cunha gran festa no Polideportivo Municipal, na que non faltarán nin a música nin as larpeiradas típicas destas datas”, informou o Concello, engadindo que as persoas e comparsas interesadas en participar no concurso deberán inscribirse previamente e de xeito obrigatorio a través dos formularios dispoñíbeis na páxina web municipal, entre o luns 19 de xaneiro e o mércores 4 de febreiro de 2026, ámbolos días incluídos. Non se admitirán inscricións no mesmo día do concurso.

O festa de Entroido iniciarase ás 16.00 horas diante da Casa do Concello, coa recollida e de dorsais das persoas participantes. O desfile comezará ás 17.00 horas e percorrerá o traxecto ata o polideportivo municipal, onde os concursantes poderán presentar a súa proposta ante o público e o xurado cunha actuación que non poderá exceder dos seis minutos de duración. A festa continuará con merenda grazas á implicación das asociación veciñais e a actuación do dúo Stylo.

As persoas participantes no concurso poderán concursar en ata seis categorías diferentes: infantil individual ata 12 anos, individual de 12 anos ou máis, parella ou trío, comparsa infantil de 4 a 12 membros, comparsa xeral de 4 a 12 membros e comparsa de 13 ou máis integrantes. O certame repartirá premios en metálico en todas as modalidades, con cantidades que chegan ata os 400 euros nas categorías de maior participación.

Ademais dos premios do concurso xeral, concederanse gratificacións especiais ás comparsas locais, entendidas como aquelas nas que polo menos o 75 % das persoas participantes estean empadroadas no Concello de Rois, co obxectivo de recoñecer o traballo e o espírito entroideiro da veciñanza. Estes premios serán de 50 euros para as comparsas de ata 12 persoas, tanto infantís como de persoas adultas, e de 100 euros para as que teñen máis de 13 membros.

O xurado valorará aspectos como a orixinalidade dos disfraces, a creatividade, a posta en escena, a imaxinación e o uso de materiais reciclados ou respectuosos co medio ambiente.

No caso das comparsas, no momento da inscrición deberá indicarse unha persoa representante, achegando o seu nome completo, número de contacto e NIF, así como a documentación administrativa recollida nas bases, que inclúe o certificado do número de conta bancaria para o aboamento dos premios.

As bases completas do concurso e os formularios de inscrición poden consultarse e cubrirse na páxina web do Concello de Rois, no apartado de Xestións e Trámites.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.