En Noia, o Concello intensifica os traballos de seguridade e accesibilidade nos espazos públicos

19 Xaneiro 2026

O Concello de Noia está a traballar arreo estes días na mellora dos espazos públicos. Segundo informaron fontes do Consistorio, os traballos do servizo municipal de obras centráronse en distintos puntos do concello, poñendo o foco na accesibilidade, na seguridade e no mantemento.

Entre os labores levados a cabo estes días figuran a mellora da accesibilidade no CEIP da Barquiña, a recolocación de pedras no casco histórico e no paseo marítimo ou a posta a punto de beirarrúas en varias zonas do municipio.

Ademais, o tenente de alcalde anunciou a elaboración dun plan de mellora de beirarrúas no centro, que se centrará principalmente na rúa de Galicia, na ponte de San Lázaro e na contorna da Alameda.

Por outra banda, o servizo municipal de augas realizou varias reparacións na rede de saneamento, dando solución a incidencias solicitadas hai máis de 5 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.