Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

18 Xaneiro 2026

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de chuvascos ocasionalmente acompañados de sarabia.

Nas zonas de maior altitude, as precipitacións poderán ser de neve a partir de cotas arredor dos 1.000 metros. As temperaturas manteranse sen cambios significativos (3º graos a 13º de máximas). O vento soprará moderado do noroeste durante o día, virando a compoñente sur pola noite.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do norte á tarde e do sur á noite, forza 1 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2.5 a 4 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.