“Unha vergoña latina con aranceis estipulados desde a distancia”. Antón Luaces

16 Xaneiro 2026

Descoñezo se Donald Trump ten un  programa de Goberno serio e responsable para USA nesta súa segunda volta á presidencia do país que tantos galegos acubilla. Pero ben podo me referir a Venezuela, cuxas cidades máis importantes, especialmente Caracas e a petroleira Maracaibo, coñezo, e asegurar que a decisión adoptada esta semana pola aspirante a presidenta do país latinoamericano, María Corina Machado, de lle ceder a Trump unha copia ou o orixinal do premio Nobel da Paz como recoñecemento do “grande servizo” prestado aos venezolanos encarcerando a Nicolás Maduro é unha máis das decisións adoptadas para maior groria de quen hoxe rexe a sangue e fogo o destino do mundo arrastrando este -oxalá me trabuque- ao que pode ser un paso sen volta atrás.

Tanto en Caracas coma en Maracaibo a presencia dos galegos é máis que evidente. Como o é asimesmo o seu labor arreo e a entrega da maioría deles ao labor social e cultural que desenvolven a través dos seus respectivos centros ou Casas de Galicia. E non chegaría a comprender o significado da absurda cesión de Machado dun premio Nobel -que seguramente nunca soñaría con ter- a quen é moito menos ca ela merecente, de non entender que lle apeteza máis presidir o seu país -para o que tampouco lle vexo méritos abondo- se no fose porque o mundo está feito de lambecús e outras especies políticas amigas das reviravoltas cuxas actuacións non teñen explicación ningunha. 

Que pena de país e que lástima de políticos!.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.