O Goberno prohibe a pesca e a caza deportiva na fase 1 e desata enfrontamento coa Xunta

09 Maio 2020

O Goberno exclúe a práctica da pesca e a caza deportivas das actividades permitidas durante a fase 1 da desescalada que arrinca este luns en Galicia. Así o recolle a orde publicada no BOE este mesmo sábado, onde na disposición final segunda, punto 2, especifícase o seguinte:

«2. Para os efectos do previsto nesta orde, queda permitida a práctica non profesional dos deportes individuais que non requiran contacto con terceiros, así como os paseos. Ditas actividades poderanse realizar unha vez ao día e durante as franxas horarias previstas no artigo 5.

Non se atopa comprendida dentro desta habilitación a práctica da pesca e caza deportiva».

Os pescadores deportivos atopábanse nunha especie de limbo, despois de que a Xunta lembrase esta mesma semana que o Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria acordase dar por retomada a actividade de pesca fluvial respectando todas as medidas de protección individual e os parámetros para a realización da actividade física ao aire libre, relativas ás limitacións impostas sobre os desprazamentos e lugares permitidos, os requisitos para evitar o contaxio e as franxas horarias permitidas.

Segundo a interpretación da Xunta, a pesca fluvial está amparada na orde do 1 maio ao ser unha actividade deportiva exercida individualmente e ao aire libre; e non unha actividade agraria, tal e como apuntaron desde o Goberno central. A Xunta señalalaba que a orde SND/388/2020, do 3 de maio, pola que se regula a práctica do deporte profesional e federado non exclúe a pesca fluvial como deporte federado, e permite expresamente os deportes federados que se desenvolvan nos ríos e nos encoros.

Os practicantes da pesca fluvial e marítima cifranse en Galicia nuns 100.000. Un colectivo que terá que esperar para practicar o seu deporte. 


Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.