Os contaxios en Galicia volven a repuntar unha semana despois da apertura para pasear e facer deporte

09 Maio 2020

Tras varios días á baixa ata rebaixar a 2.727 o número de casos activos, os últimos datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade publicados este sábado constatan un repunte e elevan a 2.758 os positivos confirmados por Covid-19 en Galicia.

O lixeiro incremento na cifra de positivos por coronavirus prodúcese xusto unha semana despois de que o Goberno central autorizase paseos ou a práctica de exercicio físico fóra dos domicilios a determinadas franxas horarias.

O salientable é que as UCIs seguen á baixa en número de pacientes. A maior parte dos positivos en Galicia correspóndense aos rexistrados na área de Vigo (754), a zona máis golpeada, seguida da Coruña (650), Santiago (500), Ourense (426), Lugo (166), Pontevedra (147) e Ferrol (115).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.