Javi Maneiro lanza novo tema trala súa marcha dos Heredeiros: “A miña mellor versión”

15 Xaneiro 2026

O músico barbanzán Maneiro (Javi Maneiro, O Conchido, A Pobra), ex-solista de Heredeiros da Crus, está a presentar estes días o primeiro sinxelo do seu novo traballo en solitario despois da saída dos Heredeiros. Trátase do tema A miña mellor versión, que, segundo sinala o propio músico, marca unha nova etapa na súa carreira, agora exclusivamente centrada no proxecto “Maneiro”. Producido por Fran Gude e arranxado por Rubén Cores, que ademais gravou guitarras e coros, o tema conta coa colaboración especial de Anxo Pintos á zanfona, percusións e a frauta.

Na composición da letra e música atópase o propio Maneiro, que adianta que A miña mellor versión camiña entre a melodía do pop, a esencia do rock e a musica de raíz tradicional galega.

A miña mellor versión é o primeiro dos sinxelos que irán vendo a luz, e que a finais de ano formarán parte do novo disco de Maneiro

A estrea oficial será o 16 de xaneiro en tódalas plataformas dixitais.

O videoclip estará dispoñíbel na canle de Maneiro en YouTube ese mesmo día.

Mentres podemos escoitar o tema en Theorchard.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.