A castaña centra unha xornada divulgativa na Comunidade de Montes de Baroña

15 Xaneiro 2026

A marca de calidade IXP Castaña de Galicia vai centrar unha actividade divulgativa este mes de xaneiro en Baroña.

O vindeiro xoves 22 de xaneiro de 2026 ás 11 da mañá, o local da Comunidade de Montes de Baroña acollerá unha xornada sobre a marca de calidade da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia onde se falará aos presentes sobre o cultivo das castañas, os coidados das árbores, cales son as máis axeitadas para plantar na nosa zona e moitas cousas máis sobre os soutos e as castañas.

Ademais de aprender moitas cousas sobre o mundo das castañas, as persoas participantes poderán resolver as dúbidas que teñan ao respecto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.