O Auditorio de Muros proxecta o filme con máis candidaturas aos Premios Goya: “Los Domingos” (tamén, para a rapazada, “200% Wolf”)

14 Xaneiro 2026

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros segue adiante coa súa actividade cinematográfica, acollendo estreas importantes que actualmente están en carteleira nas principais cidades. Esta fin de semana é a quenda de Los Domingos e 200% Wolf.

Los Domingos é a nova longametraxe dirixida por Alauda Ruiz de Azúa. Conta a historia de Ainara, unha moza de 17 anos que, no momento de decidir o seu futuro académico, sorprende á súa familia ao expresar o seu desexo de ingresar nun convento de clausura. A película está nomeada a 13 Premios Goya, polo que é o filme español do ano con máis candidaturas, seguida da galega Sirat. Ademais, gañou a Cuncha de Ouro na pasada edición do Festival de Donostia.

Dende a concellería de Cultura, Caridad González sinala que “Los Domingos é unha película valente e necesaria, que convida á reflexión e ao diálogo arredor de temas complexos desde unha ollada honesta e sensíbel. É un exemplo do cinema contemporáneo de calidade que queremos achegar ao público de Muros, dentro dunha programación estable e coidada”.

Sesións:

– Venres, 16 de xaneiro ás 20:30 h

– Sábado, 17 de xaneiro ás 20:30 h

– Domingo, 18 de xaneiro ás 19:00 h

Un filme para a rapazada

Pola súa banda, 200% Wolf: Pequeno gran lobo é unha divertida e emocionante película de animación.

Freddy Lupin, o caniche máis valente do cinema, regresa cunha misión chea de acción e emoción. Tras pedir un desexo que nunca imaxinou que se faría realidade, Freddy consegue transformarse nun gran lobo, pero a cambio pon en perigo a vida do seu novo amigo Moopoo, un espírito lunar.

Sesións:

Sábado, 17 de xaneiro ás 17:00 h

Domingo, 18 de xaneiro ás 17:00 h

Entradas para as dúas películas dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Muros ou nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.