A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Boiro atendeu a 2.332 persoas durante o ano 2025

13 Xaneiro 2026

A Oficina Municipal de Atención ao Consumidor do Concello de Boiro atendeu no ano 2025 a un total de 2.332 persoas para tramitar reclamacións ou prestar información ás persoas usuarias, dándolle trámite a 495 novos expedientes.

As principais áreas de actuación foron a electricidade, comunicacións e seguros, que concentraron a maior parte das consultas e reclamacións. A mediación supuxo acadar 43 acordos satisfactorios, facilitando a recuperación económica de 46.633’23 euros para as persoas reclamantes.

Os principais obxectivos da Oficina de Consumo son “informar, axudar e orientar a consumidores e usuarios para o adecuado exercicio dos seus dereitos; así como recoller e rexistrar queixas e reclamacións e remitilas aos organismos competentes; realizar actos de mediación entre persoas consumidoras e empresas; e elaborar escritos xudiciais e extraxudiciais”.

Aínda que maioritariamente as atencións prestadas son a persoas de Boiro, o ámbito de actuación da Oficina de Consumo é de toda a comarca, atendendo tamén a persoas de todos os concellos limítrofes, a zona de Padrón, Dodro, Rois e ata Santiago.

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Boiro está situada na Casa Consistorial e presta servizo de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas con cita previa. Máis información no enderezo electrónico consumo@boiro.org ou na web municipal, boiro.gal.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.