A Deputación da Coruña premia con 42.000 euros os mellores proxectos das entidades sociais da provincia

13 Xaneiro 2026

A Deputación da Coruña vén de convocar a V edición do Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais, un certame co que a institución provincial quere recoñecer e dar visibilidade ao importante traballo que desenvolven as entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia.

O sonense Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, recibindo o premio da anterior convocatoria de mans do presidente provincial, Valentín González Formoso

As bases desta nova edición, que conta cunha dotación económica total de 42.000 euros, establecen un total de seis categorías de premios, cunha dotación económica de 7.000 euros en cada unha delas. Cinco dos galardóns corresponderán á modalidade de proxectos, mentres que o sexto premiará a traxectoria dunha entidade polo seu compromiso sostido coa mellora do benestar social e a defensa dos dereitos da cidadanía.

Os proxectos poderán presentarse nas seguintes categorías: investigación científica en servizos sociais; iniciativas sociais no ámbito rural; persoas maiores; discapacidade e dependencia; familia, infancia e adolescencia; e inclusión social. O premio á traxectoria ten como obxectivo recoñecer o labor continuado dunha entidade social ao longo do tempo.

Poderán prsentar a súa candidatura a estes premios todas aquelas entidades sen ánimo de lucro do ámbito dos servizos sociais que desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña e que estean inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, sinalou que “estes premios son unha forma de recoñecer o traballo imprescindible que realizan as entidades sociais, moitas veces de maneira silenciosa, para mellorar a vida das persoas máis vulnerables e construír unha sociedade mellor”.

Pola súa banda, a deputada de Política Social, Mar García Vidal, sublíñou que esta convocatoria “amosa o compromiso da institución cunhas políticas sociais de calidade, innovadoras e centradas nas persoas, apoiando iniciativas que contribúen a fortalecer o tecido social da provincia e dándolles apoio e visibilidade social”.

As entidades gañadoras da última edición dos premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais foron COGAMI, EAPN Galicia, FEGADEM, Asociación Raíña Paraíso, Fundación Meniños e Asociación Arraianas.

O prazo de presentación de candidaturas, xa aberto, remata o vindeiro 3 de febreiro de 2026, ás 14:00 horas, e a tramitación deberá realizarse exclusivamente por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesíbel desde a sede electrónica da Deputación da Coruña.

As bases completas da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.